Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Acto polo Dereito Social aoTransporte en Vigo
Precarias en Loita , 14.12.2007, (Id: 13490)
Sábado 22 de decembro ás 17h. Acto de rúa na Porta do Sol de Vigo.
Por un novo modelo urbano e de mobilidade: Transporte Público Gratuito!!!
Convoca Precarias en Loita.


POLO TRANSPORTE PÚBLICO GRATUÍTO e por un novo modelo urbano e de mobilidade


A posibilidade que posúen os individuos de trasladarse en tempos e custes accesíbeis e razonábeis é un dos condicionantes socioeconómicos que nos permite desenvolvernos intelectual, económica e socialmente.
No caso de cidades, grandes ou medianas, as carencias no transporte público implican para os individuos máis pobres enormes dificuldades para levar a cabo as súas actividades, tanto produtivas como sociais, empeorando as situacións de desigualdade e exclusión.

En Vigo esa función socializadora debería facela o autobús urbano, pero o billete é caro (e sobre todo tendo en conta os soldos) e os bonos son directamente os máis caros do estado. As medidas sociais para o transporte son insuficientes, cun enfoque de caridade e co argumento da súa falta de recursos tan só as pensionistas que cobran menos e o limitado número de xente que percibe a Renda Mínima de Inserción poden viaxar gratis. Moita xente con necesidade queda pois fóra destas medidas, e o que debería ser un dereito social para todas pasa a ser unha medida máis próxima á esmola.

Vitrasa, como boa empresa, só valora as liñas pola súa rendabilidade, polo que as máis longas que van aos barrios semirurais cada vez teñen menor frecuencia e peor servizo (algunhas nin marquesinas), mentres as circulares do centro como son as rendábeis teñen moita frecuencia. As carencias no servizo obsérvanse nos datos que refliten que o número de persoas que van ao traballo andando dobra ás que o fan en bus, ou que o tempo empregado para alcanzar os destinos en bus foi de media 5,5 veces maior ao empregado en coche (e en ocasións até 7 veces). A pesar disto Vitrasa sempre obtén a concesión e nestes presupostos municipais recibe 9 millóns de euros, bastante máis do adicado a cultura e educación.

Pero o seu apetito empresarial non ten límite e xa están preparando o terreo (apoiándose na suba do petroleo) para incrementar o prezo do billete a 1,15 € o ano que vén.

En todas as cidades e, en Vigo por suposto, o transporte de persoas e mercadorías é un dos principais problemas.

Normalmente as solucións que se aplican máis que resolver o problema o empeoran. Isto é porque a verdadeira solución só pode pasar por un cambio do modelo de mobilidade, baseado en conceptos como o ubanismo de proximidade, o fomento dos transportes alternativos e zonas de tráfico limitado.

O principal culpábel é un modelo urbano e territorial disperso e baseado no automóbil privado, con maiores necesidades de espazo de circulación e aparcamento (en xeral adícase máis do 50% do espazo urbano). A invasión imparábel do coche disminúe o carácter socializador e comunicador do espazo público, as rúas son para os coches, e os espazos para as persoas redúcense e marxínanse.

Este sistema impón, todo o que pode, a dependencia respecto ao automóbil privado (A construción e xestión de infraestruturas (urbanas e interurbanas) faise desde o punto de vista da optimización da circulación e o aparcamento):
Aparte dos problemas derivados da conxestión engádense outros como:

• A alta demanda de consumo de enerxía e materiais (a este sector corresponde no estado un 40% do total da enerxía consumida).

• A contaminación atmosférica (culpábeis da terceira parte dos gases de efecto invernadoiro emitidos no estado) por esta contaminación morren 3 veces máis persoas que polos accidentes de tráfico.

• O ruido (un dos principais problemas na nosa cidade).

• As horas perdidas en atascos.

• Os accidentes de tráfico (e todo o que supón como preocupación para toda a sociedade, gastos que xenera, etc).

• O deterioro da saude da poboación urbana debido aos procesos de sedentarización xerados polo modelo de mobilidade.

• A perda de autonomía por parte de grupos socais vulnerábeis (como a infancia que debido ao tráfico e ás distancias non pode desprazarse soa, nin para xogar, nin para ir a clase, etc).

O sistema actual, realza as ventaxas do uso do automóbil individual e penaliza as posibilidades dos denominados medios de transporte alternativos (peóns, bicicleta e transporte colectivo nas súas diversas variantes) mediante o aumento das distancias urbanas debido á dispersión das actividades en polígonos monofuncionais: Uns para traballar (polígonos industriais), outros para consumir (hipermercados), outros para a saúde (grandes estruturas hospitalarias fronte ao deterioro dos servizos e equipamentos de proximidade), outros para o ocio (centros comerciais), outros para a educación), etc. Sen esquecer a presión comercial da industria automobilística, así como a suxestión económica e cultural (prestixio social, concepción mal entendida do dereito á mobilidade confundida co dereito ao aparcamento e á circulación).

Por desgraza os coches non son o noso único problema. En Galiza vemos como as Administracións se empeñan en manter e promover os medios de transporte máis insostíbeis e elitistas, como é caso dos aeroportos galegos que hai máis dos que necesitamos e, polo tanto, son infrautilizados.

E por outra banda a obsesión pola construción de infraestruturas de dimensións faraónicas, xustificada co argumento falso de solventar atrasos históricos. Desmantelan as necesarias conexións por tren coas aldeas e vilas, mentres dilapidan miles de millóns nun medio de transporte elitista e innecesario como o AVE/TAV, isto vai asociado ao modelo de crecemento sustentado nas grandes cidades fronte ao illamento e abandono das vilas e zonas rurais. A alta velocidade ademais é insostíbel enerxeticamente, cun impacto ambiental gravísimo e irreversíbel sobre o territorio, así como sobre as poboacións e barrios que afecta e atravesa. E por se isto fora pouco leva aparellado graves pelotazos urbanísticos.

En canto a comunicacións pola Ría, ameazan con liberalizar totalmente o tranporte marítimo e que deixe de ser un servizo, o que levará a un recorte das viaxes, xa que para as empresas só contan as que sexan rendábeis, e unha segura suba dos prezos.

Algo similar pasa xa coas comunicacións por Autobús Interurbano, moi caras e insuficientes, transportes de utilidade social como o que debería existir co cárcere de A Lama, foron suspendidos xa fai tempo.
Para mellorar o modelo urbano e que o transporte sexa un DEREITO SOCIAL, reclamamos:

• Que o transporte público sexa gratuíto para todas e de forma inmediata para as paradas e persoas sen recursos.

• Reducir a dependencia respecto ao automóbil, os impactos dos desprazamentos motorizados, reducindo os seus consumos e emisións locais e globais, convivindo cos demais usuarios das rúas en condicións de seguridade aceptábeis.

• Que se potencien de verdade os transportes alternativos poñendo as condicións que permitan á xente poder camiñar, pedalear (CARRIL BICI) ou utilizar o transporte colectivo en condicións adecuadas de accesibilidades, comodidade e seguridade.

• Que o TREN convencional (como medio de transporte máis limpo para grandes distancias) sexa realmente ferramenta de vertebración do mundo rural e o urbano na Galiza (xa que o AVE só comunicaría ás grandes cidades).

• Que o transporte marítimo de persoas pola Ría non se liberalice, e sexa un verdadeiro servizo público.

• Evitar a expansión dos espazos dependentes do automóbil, freando a expansión do urbanismo dependente deste.

• Reconstruír a proximidade como valor urbano, recreando as condicións para realizar a vida cotiá sen desprazamentos de longa distancia.

• Recuperar o espazo público como lugar onde poder convivir. De lugar de paso e espazo do transporte, as rúas teñen que ser tamén lugar de encontro e espazo de convivencia multiforme.

Precarias en Loita

lksf, 19.12.2007 (Id: 9738)

Fonte Faro de Vigo

El billete de Vitrasa sube a 1,08 euros y todos los bonos de descuento se congelan

Pagar el billete de Vitrasa con el bonobús será todavía más
recomendable para el bolsillo en 2008 que ahora. El Concello ha
autorizado el incremento del precio del viaje ordinario en cinco
céntimos desde enero, lo que coloca el coste en 1,08 euros, mientras
que el usuario que utilice las tarjetas verdes pagará lo mismo que
ahora. El alcalde y el concejal de Tráfico anunciaron ayer las nuevas
tarifas, que deben cumplir el trámite de pasar por el Consejo
Sectorial de Transportes y la Junta Local de Precios. Caballero reveló
que la subvención del transporte público cuesta ya a las arcas
municipales 11,6 millones de euros al año.

Tres de cada cuatro viajeros usan el bonobús en sus distintas
variedades, y la tendencia es a un aumento hasta el 80% debido al
ahorro que supone. Quienes utilicen el "universal" -que puede
solicitarse sin condiciones- pagarán 72 céntimos al igual que ahora;
los estudiantes 69; y los universitarios 49. Viajan gratis los
pensionistas con renta hasta el salario mínimo interprofesional que
hagan uso de la tarjeta, además de los minusválidos y los acompañantes
de estos. La diferencia en todos los casos respecto a la tarifa de
1,08 euros la pone el Ayuntamiento.
Transbordos
La negociación con Vitrasa ha supuesto ventajas en los transbordos y
frenado el continuo aumento del gasto que ha supuesto para el Concello
la gratuidad de los viajes para los pensionistas, aplicado en dos
fases por los gobiernos anteriores de Lois Castrillo (BNG) y Corina
Porro (PP). Los usuarios podrán hacer desde enero dos transbordos
gratis, en vez de uno, durante los 45 minutos siguientes al primer
viaje.
Además, Vitrasa asumirá el pago de los viajes de los pensionistas
desde el momento en que se supere el 6% de incremento con respecto a
2007. La gratuidad produjo una subida de hasta un 142% en los viajes
de jubilados en 2005, y de un 30% en 2007.
"Ha sido una magnífica negociación en la que se racionaliza el acuerdo
sobre los pensionistas, que había conllevado unas cargas económicas
muy gravosas para el Concello", apuntó Caballero.
El incremento del precio del billete de Vitrasa hasta los 1,08 euros
supone una subida del 4,9%, igual que el IPC del transporte. La
empresa concesionaria había solicitado al Concello subir la tarifa
hasta los 1,11 euros.