Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Crónica e fotos da acción de rúa en Vigo contra o Tratado de Lisboa
GAS , 24.01.2008, (Id: 13997)
Dentro das xornadas que rematan cunha charla na Cova este xoves 24 de xaneiro.
 http://galiza.indymedia.org/gz/2008/01/13896.shtml






O pasado sábado 19 de xaneiro unha vintena de persoas xuntámonos na rúa de Principe en Vigo, para tentar informar á cidadanía sobre o Tratado de Lisboa e o modelo de construcción europea que nos impoñen, baseado no neoliberalismo e a falta de liberdades.

A tal fin dous compañeiros vestíronse con traxe e montamos unha especie de posto "oficial" da UE, de carácter informativo e consultivo.

Animámos á xente a informarse e a opinar sobre este novo tratado, para iso tiñan que encher unha papeleta respostando a esta pregunta:

Está vostede de acordo coa firma do Tratado de Lisboa, no marco da Unión Europea?
Marque unha das seguintes casiñas:
SI.
NON.
Ehem non me soa de nada.
Ah que se pode opinar?.

E logo as depositaban nunha papeleira (lugar onde habitualmente van a parar as nosas opinións sobre as políticas que nos afectan).
Unha vez feito isto a persoa participante recibía un sobre regalo que contiña máis textos sobre o Tratado de Lisboa.

Para darlle ambiente ao o acto que durou un par de horas, lemos o manifesto unhas cantas veces e tamén un compañeiro interpretaba co violín a “Hoda á alegría”, que é o himno da Unión Europea.

Unhas duascentas persoas se achegaron a depositar a súa papeleta e informarse sobre o Tratado, xa que a tenor do resultado do escrutinio ou non o coñecen ou directamente están en contra.
O acto o organizou a rede A Ría Non se Vende, xunto con Xogo Descuberto e a CGT de Vigo.

Este é o texto que contiña o “sobre regalo”:

QUE PERSEGUE O TRATADO DE LISBOA?

Desde a súa orixe a Unión Europea é un proxecto económico que busca un mercado europeo unificado e a proxección das súas multinacionais e dos seus capitais cara ao exterior. Agora o noso novo desafío é convertérmonos nunha superpotencia mundial. Para isto necesitamos aumentar o territorio baixo o noso control, o cal, explica a ampliación cara ao este e os acordos de libre comercio que estamos asinando. E ademais, precisamos ser un poder político e militar de primeira orde.

Así, o Tratado de Lisboa persegue:

Reforzar a Unión Europea neoliberal para competir no mundo
• O crecemento económico é o grande obxectivo da UE (art. 3).

• O principio de competencia aparece como rector da Unión (protocolo nº 6).

• A Unión traballará para eliminar os “obstáculos” ao libre comercio mundial (art. 10A e 188B).
• Garántese a libre circulación de capitais (art. 56 e 57-3).
• Ademais, proponse coma obxectivo da Unión a estabilidade de prezos (art. 3), que será o único obxectivo do Banco Central Europeo (art. 108).

• Apóstase pola liberalización e interconexión do mercado enerxético (art. 1176A).

• A nova estratexia da Unión (Europa Global: competindo no mundo) persegue “manter a súa competitividade no mercado mundial intensificando os seus esforzos co fin de crear oportunidades para as súas empresas en terceiros países. Para construír empresas fortes a UE tamén deberá crear un entorno máis favorábel ás empresas dentro das súas propias fronteiras”.

• Os servizos públicos quedan suxeitos ás normas da competencia (art. 86 e 87).

• Xunto ao Tratado, pénsase aprobar a Carta de Dereitos Fundamentais. Aínda que na teoría é xuridicamente vinculante, na práctica aplicaranse as lexislacións dos países membros. É unha carta neoliberal pois non recoñece o dereito ao traballo nin ao emprego, senón o xenérico “dereito a traballar”, ou porque o dereito á seguridade social e aos servizos sociais é substituído polo “dereito de acceso ás prestacións de seguridade social e aos servizos sociais”.

• A Carta non será adoptada polo Reino Unido, o cal, abre a porta a unha rebaixa aínda maior dos dereitos fundamentais.

Axilizar a toma de decisións nunha Unión Europea de 27 membros
• Os países máis ricos (Alemaña, Francia, Reino Unido) terán máis peso mediante o novo sistema de toma de decisións.

• Créase a figura de “Presidente do Consello Europeo e Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores”.

• Avánzase na UE a “varias velocidades” na que os menos poderosos terán cada vez menos capacidade de decisión. Isto posibilítase a través da aparición dun maior número de “cooperacións reforzadas”, é dicir, ámbitos nos que distintos países poden avanzar. O euro (que non está circulando entre todos os estados membro) sería un exemplo.

• Redúcense os ámbitos nos que existe dereito de veto polos estados, aínda que estes non chegan á Política Exterior e de Seguridade Común.

• Auméntanse os ámbitos nos que as decisións serán tomadas na Unión Europea e non a nivel estatal.

• Aínda que o Parlamento europeo aumentou as súas funcións segue cumprindo un papel subalterno fronte ao Consello e á Comisión, organismos, que manteñen a maioría do poder lexislativo e executivo. Á súa vez, o Banco Central Europeo non ten ningún control popular.

• Afírmase a libre circulación da cidadanía europea (art. 18) dentro do marco de peche de fronteiras á inmigración exterior.

• Non obstante, froito das presións da cidadanía, créanse ferramentas novas de participación popular, como son a posibilidade dunha iniciativa cidadá (só sobre a aplicación dos Tratados aprobados, e tras recoller máis dun millón de sinaturas nun número significativo de estados membro) (art. 8B) e certa capacidade de veto concedida aos Parlamentos nacionais (art. 33-3).

• Este tratado non se someterá a referendo popular en ningún país, nin sequera entre os que rexeitaron o proxecto de Constitución Europea do que este Tratado é fillo, agás Irlanda por imperativo legal.

Poder militar para amparar o euro
• Auméntanse os gastos militares (art. 27-3).
• Poténciase tamén a pertenza á OTAN (art. 27-7).
• Apóianse ademais os “ataques preventivos” (art. 28).

Un gran proxecto coma o da Unión Europea: converterse nunha superpotencia implica que temos que realizar algúns sacrificios. A Unión Europea é un proxecto que produce crecemento e riqueza, pero que destrúe o entorno, aumenta as desigualdades sociais, recorta as liberdades e que ten un crecente carácter militarista.

Crea riqueza porque a UE é na actualidade o primeiro bloque económico do mundo. A UE ten a segunda moeda máis importante do planeta, en dura pugna co dólar na consecución da hexemonía, e posúe un amplo abano de multinacionais presentes en todo o planeta e que son as principais investidoras en moitas rexións, por exemplo, América Latina.

Destrúe o entorno pois a construción da UE implica un distanciamento cada vez maior entre os lugares de produción e consumo que son conectados a través das grandes infraestruturas de transporte e de conexión enerxética. Isto implica miles de km2 de asfalto e formigón; o incremento das emisións de CO2 á atmosfera (causantes do cambio climático); ou, a segmentación do territorio, o cal, ameaza aínda máis a biodiversidade. Ademais, a UE é a segunda emisora de gases de efecto invernadoiro do planeta en termos absolutos (o 24%) e per cápita.

Aumenta as desigualdades xa que o control da inflación e do déficit son obxectivos da UE, pero non o é a erradicación do paro e da precariedade. A Unión non contempla o dereito a un ingreso básico universal ou o dereito de poder residir nunha vivenda digna. Ademais non se recoñecen dereitos básicos das persoas inmigrantes como son os referidos ao lugar de residencia ou o dereito de voto.

Isto reflíctese nas cifras, pois, no seo da UE máis dun terzo da poboación activa está en situación precaria: 19 millóns de parados, 21 millóns de contratos precarios, 33 millóns a tempo parcial e un número crecente de asalariados sen papeis (inmigrantes e nativos). Cómpre engadir tamén a manifesta diferenza salarial das mulleres respecto dos homes que é dun 28% ou que a UE deporta ou rexeita a 500.000 persoas cada ano.

Recorta as liberdades xa que en Bruxelas hai 15.000 lobbystas dedicados a presionar para que as lexislacións que emanen da Unión sirvan aos intereses dos grandes capitais. Ademais a participación popular, como se sinalou anteriormente, está ideada para que a xente teña a menor capacidade posíbel para decidir. Por último, non podemos esquecer que, co auxe do terrorismo, tivemos que diminuír as liberdades individuais da poboación para protexela.

Ten un carácter altamente militarista. Ao aparecer tropas da Unión en distintos lugares do globo (Líbano, Kosovo, Haití, Sudán...), estase creando un sistema de posicionamento vía satélite en todo o mundo que terá aplicación militar (o Galileo). Os “euroexércitos” cada vez están máis dotados e teñen maior capacidade de intervención exterior, e alén disto, aprobouse a “Doutrina Solana” pola cal a Unión pode intervir militarmente en calquera lugar do planeta na defensa dos seus intereses.

Sen dúbida estes sacrificios merecen a pena, por iso contamos co teu apoio e o de toda a cidadanía europea.