Xornadas de economía sostible en A Corunha
CSA Atreu!
,
25.02.2008, (Id: 14496)
Xornadas CREANDO ECONOMÍAS SOSTIBLES (A Coruña, 28 e 29 de febreiro de 2008), CSA ATREU!
todas xuntas podemos!!
PROGRAMA
Xoves 28 – 20:30 h.
Charla: "Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un
mundo máis Xusto e Responsable" e "Unha experiencia
práctica da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo
de Londres". (Stefania Strega-Scoz: coordinadora da Academia de Permacultura “Nodo Espiral España” e activista en Moedas
Complementarias)
Venres 29 – 20:30 h.
Xuntanza de Troco. Coa participación de Javi (do CSA "A
Cova dos Ratos", proxecto integrante da rede VigoTroca)
e de integrantes da Rede de Troco da Coruña e de
Invisíbeis (asembleia de precarias de A Corunha). Como remate, celebrarase unha cea compartida coas
aportacións culinarias das/dos asistentes.
Lugar: Centro Social “Atreu” (rúa San Xosé – zona Campo
da Leña/Pza. España)
Organizan: Rede de Troco da Coruña e C.S. Atreu
Colabora: A Cova da Terra
E o sábado 1 de marzo en LUGO...: IV Xornada de ECONOMÍA ALTERNATIVA - III Conferencia de MOEDAS COMPLEMENTARIAS.