Ímoslle botarlle un pulso ao Grande Irmao. Imos hackear o software do Imperio. Imos neutralizar o Pensamento Único. Imos loitar!
Iste é un chamamento, en rexime de autoconvocatória, para hackear o software do sistema global que pouco a pouco invade o noso espazo personal para limitar a nosa liberdade. Instálate a tradución ao galego do Windows Vista e publica eiquí fotos e vídeos dos erros que lle atopes. Windows Vista é un fraude!!
Guante de seda, punho de ferro.
Así é como o Imperio, o Grande Irmao, o Pensamento Único -chamádelle como queirades- consigue que consintamos a imposición de mecanismos de control en beneficio dun hipotético benestar que únicamente desfrutan os que viven a conta da nosa precariedade, do noso medo... e o que é peor: da fame -cando non da vida- de millóns de seres humanos, sobre todo mulleres e crianzas, que pagan coa súa vida o delito de ter nacido nos dominios de calquera xacemento dos que alimentan a opulencia das sociedades "civilizadas".
Pola nosa parte, quen vivimos nesas sociedades "civilizadas" vemos como o noso espazo de liberdade personal se ve limitado día a día e a toda velocidade por tecnoloxías especialmente invasivas: videovixianza nas rúas e agora tamén no traballo, identificación biométrica, chips nos pasaportes, pegadas dactilares dixitalizadas, identificacion RFID, posicionamento GPS, escoitas telefónicas.
Todas estas tecnoloxías só teñen un propósito: saber qué mercamos, qué facemos, onde estamos, qué pensamos en cada momento. Deste modo cando detectan unha "desviación" das pautas que marca o sistema, inician a secuencia de "correción": represión, criminalización, persecucións, despidos... o que sexa preciso para manter a "estabilidade" (social, económica...) do sistema.
Pero cómo consiguen implantarnos todos estes chips e controis sen que nos decatemos, sen que ninguén proteste? Resulta obvio que un mecanismo moi útil é o da ameaza: por exemplo meténdonos medo co terrorismo para xustificar así a obriga de identificarnos, de investigar o noso pasado, coñecer os libros que lemos, acceder ás nosas contas bancarias, intervir as nosas comunicacións electrónicas e un longo etcétera.
Pero existe outro mecanismo, moito máis sutil pero igualmente efectivo: guante de seda, punho de ferro. O mecanismo que consiste en seducirnos, en deixarnos pensar que somos nós os que decidimos empregar esas tecnoloxías, facernos crer que as cámaras na rúa son beneficiosas para a sociedade, ou que os empresaurios teñen o dereito a vixiarnos durante a xornada laboral, ou que o chip do pasaporte permitirá que viaxemos moito máis seguros.
Ese é o mecanismo que están a empregar, dende fai moitos anos, para que as nosas computadoras, as que empregamos para buscar información, para mandar mensaxes, para chatear coa nosa xente, para ligar, para escreber artigos e opinións... para que as nosas computadoras poidan ser controladas en todo momento polos policías do sistema: en beneficio da nosa seguridade, do progreso económico, da estabilidade do sistema.
Como podes supoñer se é que chegaches eiquí, estou a falar do coñecido Windows: ese sistema operativo da corporación multinacional norteamericana Microsoft, que ninguén sabe por qué pero resulta que está instalado "por defecto" na maior parte dos nosos ordenadores: dos nosos, dos nosos familiares e amigos... das nosas empresas... dos nosos governos.
Pero agora sí sabemos por qué. Xa sabemos cómo o fan, por que están intentando facelo na Galiza agora mesmo. Primeiro seleccionan a rede de ordenadores que queren "colonizar". Despois identifican os valores identitarios que nesas redes teñen denotacións positivas... e finalmente lanzan unha campaña de publicidade na que buscan convencernos de que usar Windows reforza -ou polo menos non contradice- eses valores identitarios.
Eso é o que está a suceder na Galiza agora mesmo. Microsoft chega con guante de seda para despois golpear con punho de ferro.
Os de Microsoft Ibérica (a filial de Microsoft para España e Portugal) detectaron que a "sociedade-rede" galega estaba comezando a substituir os seus Windows vellos por Linux novos. Por se eso fora pouco, detectaron que o seu negocio na Xunta estaba comezando a perigar pola teima dalgunhas consellerías de esixir software libre nas súas contratacións. Así que facía falta contraatacar.
En primeiro lugar identificaron os principais valores identitario da "sociedade-rede" galega; e como é lóxico, atoparon que o noso idioma era seguramente o máis importante. Chegaron á conclusións de que si poñían o Windows en galego resultaríalles moito máis fácil "vendernos" a moto do Windows. Puxéronse mans á obra e aquí os temos: a presidenta de Microsoft Ibérica, presentando o Windows en galego, apadriñado nada máis e nada menos que polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e bendecido pola nefasta Secretaria Xeral de Política Lingüística, esa da que Isaac Díaz Pardo dixo ser a "señora encargada de que o galego morra dignamente".
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=285851
Non só é que o Windows esté en galego. É que ademais conta co apoio oficial dos (supostos) representantes políticos de Galiza. Ou sexa que Windows non pode ser malo. Windows é bó.
Quen se preocuparía entón de ter un Windows instalados? Até os mais patrioteiros nacionalistas estarían orgullosos de poder amosar o seu Windows en galego, xa somos alguén, hasta os de Microsoft recoñecen a nosa identidade, ouh, sí, se Castelao levantara a cabeza estaría orgulloso de nós.
Unha xaula non deixa se ser unha xaula aínda que os barrotes sexan de ferro. E Windows non deixará de ser unha ferramenta de control do sistema por moito que o traduzan ao noso idioma:
http://chuza.org/historia/os-servizos-segredos-americanos-colaboran-do-desenrolo-de-windows-vista/
Esta é a metodoloxía que empregan os de Microsoft para instalar o seu control remoto en todos os computadores do mundo. Pouco a pouco están instalando o Sistema Operativo Global na maior parte das nosas computadoras. E impedirllo é tan sinxelo como demostrar que todo esto do Windows en galego é MENTIRA, que NON FUNCIONA, e así estaremos contribuíndo para que a xente non instale o Windows Vista, que a versión perfeccionada dese novo control remoto que nos queren implantar.
Sabemos que o Windows é unha ferramenta de control, pero como está en galego non nos importa tanto. E se todo o mundo o usa por algo será. Sí: por que estamos aborregados/as, por que a nosa capacidade crítica está reducíndose a escoller entre a marca de iougur e por que como cidadáns, deixamos que os nosos (supostos) representantes políticos lle dean cobertura a estas estratéxias que a fin de contas tamén lles benefician a eles.
POIS NON.
Levo anos traballando con ordenadores. Lembro cando fai anos os de Microsoft respondían que o Windows 95 nin o había en galego nin o ía haber tampouco por que non garantizabamos un mercado suficientemente grande. Non vos sona esto ás excusas de Política Lingüística para non financiar unha boneca en galego? NEGÁBANNOS UN DIREITO BÁSICO.
Ao cabo dos anos, e como a presión para ter o windows en galego continuaba, dixeronnos que non lles importaba traducir o Windows ao galego... sempre que nós pagaramos a tradución. Non vos lembra a cando telefónica nos decía que se queriamos teléfono na aldea que tiñamos que pagar o tendido eléctrico? SÓ PODERÍAMOS EXERCER O NOSO DIREITO SE PAGÁBAMOS.
Pero as cousas comezaron a torcerse. Apareceu Linux, a xente viu unha alternativa, e moita xente comezou a colaborar para ter o linux o galego. O linux foi mellorando en usabilidade, e comezaron a aparecer grupos de usuarios de linux como Trasno ou Mancomún que empezaron a sacar produtos en galego profesionais como o OpenOffice.
Hoxe en día Microsoft vé como día a día Windows é borrado en millóns de ordenadores para ser substituido por Linux; e vé como o seu Office (Word, Excel, Acess e demais) está a ser substituído polo OpenOffice, que funciona igual e ademais está en galego.
As traducións que Microsoft fixo do Windows e do Office ao galego no pasado só provocaban problemas: ademais de estar mal traducido e faltar moitas cousas, cando actualizabas o Windows deixaba de funcionar se estaba instalado o paquete de galego, e pasaba o mesmo cando instalabas programas grandes.
A traducción ao galego de Microsoft en definitiva, só forma parte dunha estratexia de marketing; só é marketing, é publicidade, e por eso o máis probabel é que fixeran un producto defectuoso que se o instalamos vai facer que a nosa computadora funcione peor que se estivera en castelán. Eso foi o que pasou coas anteriores traduccións.
O máis efectivo para loitar contra esto é demostrar que esa tradución igual que as anteriores NON FUNCIONA. É moi importante localizar os erros do Windows en galego e facerlle fotos, vídeos o que sexa. Hai que xuntar todo o material multimedia que poidamos para despois publicalo xusto o día en que finalicen a súa campaña de publicidade, o día 17 de maio que é o día das letras galegas.
Imos hackearlles o sistema, por que ese é o sistema operativo do novo Imperio; imos deixarlles claro que a "sociedade-rede" galega vai respostar a cada unha das súas accións, que non imos quedar calados e que as súas estratexias de colonización non van quedar impunes.
E ímolo a facer en público, á vista de todo mundo, empregando este Indymedia para demostrarlles que a pesar de todos os mecanismos de control que teñen, aínda fican espazos e resquicios de liberdade dende os que faremos arder ese guante de seda para que fique ben á vista o puño de ferro co que nos queren esmagar.
SebasGz,
10.04.2008 (Id: 10770)
Nom percebo bem por que se fai um chamamento a hakers, quando consiste em fazer fotos e videos dos erros do windows e isso pode fazelo qualquer. A idea sería estropearlhes a campanha de marketing nom é?
Ugia,
10.04.2008 (Id: 10771)
O Windows Vista leva nas lojas em galego dende fai um ano:
http://www.microsoft.com/portugal/presspass/press/2007/mar07/03-05WinVistaOffice2007.mspx
Outra cousa é que os isolos teimedes em chamarlhe galego a ese portunhol vosso. As 'vantaxes' do isolacionismo ficam á Vista... nunca melhor dito.
Strafwetboek: bemvido de novo ao CMI, se es quem imagino que es. Gostas da nova imagem corporativa? :-)
indygena,
10.04.2008 (Id: 10773)
oes compa a próxima vez a ver se resumes un pouco, non? pero está ben. e do tema da normativa case que vamos pasar do tema por que senón ímola liar non Ugía? (aínda que hai que admitir que a cravache :-)
a idea está ben, deixar en evidencia aos de mocosoft, como se trata de contra-publicidade, ou contra-marketing, pode funcionar pero é importante saber de qué vai o tema, así que xuntei enderezos de cousas relacionadas que poden valer
Cando empezaron a anunciar o tema:
http://www.vieiros.com/nova/55876/a-xunta-xa-traduciu-o-windows-vista-ao-galego
A presentación do Windows Vista en galego terá lugar o vindeiro 8 de abril en Santiago
http://codigocero.com/spip.php?article4013
http://www.f5interactiva.com/clientes/microsoft/galicia/
Primeiras reaccións
A Xunta de Galicia (sector PSOE) e Microsoft
http://pedrosilva.org/2008/04/02/a-xunta-de-galicia-e-microsoft/
http://chuza.org/historia/a-xunta-de-galicia-sector-psoe-e-microsoft/
Presentación
http://novas.xunta.es/node/9262
http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=936&lg=gal
A campaña dos de Microsoft:
http://www.microsoft.es/gal/
indygena,
10.04.2008 (Id: 10774)
discurso de touriño -
>
discurso de rosa -
>
discurso de touriño escrito -
acabo de atopar unha xoia en bruto: os áudios dos discursos de Touriño e da xefa de Microsoft... patéticos!!! fago upload por se despois o borran tamén o discurso de touriño que estaba na web da xunta púxeno en pdf co openofice
indygena,
10.04.2008 (Id: 10775)
as gravacións dos discursos saqueinas desta páxina
http://www.codigocero.com/spip.php?article4120
outra cousa, falando de vídeos, non podería alguén facer un vídeo e subilo a youtube co tema? eu é que non me manexo moito...
strafwetboek,
10.04.2008 (Id: 10776)
SebasGZ: sí, a ideia é isa, boicotarlles a campaña publicitaria
Ugía: a verdade é que o rosa ese séntalle moi ben ao CMI... :) a verdade é que está quedando moi chulo, e o de poder escoller temas está moi ben... x_q_non? :-D
Indygena: eu tamén pensei no tema do vídeo, estaba mirando a movida dos códecs a ver cómo vai. o rollo é que eu non teño windows na máquina, e pensei que si compartía a movida coa peña igual alguén se enrollaba a montarlle o parche do galego a un vista mirar a ver si petaba e sacarlle foto/vídeo ou que fora. e bueno... púxenme a escribir e a verdade é que me pasei tes razón. pero é que a estes téñolles unhas ganas... mira que me tiven que comer marróns por culpa desta peña e vaia, que non son o único. e aínda por riba, cando sacaron a tradución do 2000 ou do XP, xa non lembro, acórdame que llo metín a un ciber enteiro... e ao cabo duns meses, houbo que montarlle o service pack non seiqué, e deixou de funcionar todo; ponte a mirar qué raio pasa toda a noite sen durmir, hasta que descubro que era o puto parche do galego, e hala, a reinstalar toda a aula enteiriña por culpa das monas esas de microsoft. pero cómo se pode ser tan irresponsable?
e xa o último que faltaba era que agora veñan facendo o mesmo, un ano despois de sacalo en portuga e catalán, e aínda por riba gastando os cartos da Xunta, e o Touriño ahí de rositas. pero esta peña debe pensar que eiquí tragamos con todo. así que pensei que estaría como diós organizar movida en público e diante das súas proprias narices: ignoran o Indymedia por que nos desprecian, e quedei pensando na cara que se lles quedaría aos estrategas de micro$oft se ao final alguén lles hackeara o Vista en plan colaborativo e ademais diante das súas proprias narices, en público á vista de todos e ademais completamente legal, para que non teñan a donde agarrarse. farían un ridículo que lles obrigara a pensalo dúas veces antes de volver vir a marcar territorio.
pois nada; igual a movida queda en nada pero polo menos eu intenteino. e o rollo de facer un vídeo, pois guai, aínda que xa aviso que eu deso non chano ren.
xenreira,
10.04.2008 (Id: 10778)
Eu tenho o Vista que me vinha co computador. Cómo hai que fazer para instalar-lhe o galego? O meu está em espanhol.
indygena,
10.04.2008 (Id: 10779)
ees xenreira, a ver se lemos un pouco as cousas, xa puxen o enderezo só tiñas que ler un pouco pero veña para o Vista tes que ir aquí:
http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?FamilyID=0e21eb7b-e01a-4fcc-b7f1-30e419da7f5b&displaylang=gl
despois daslle a continuar e xa está. eu é que teño XP.
indygena,
10.04.2008 (Id: 10780)
fotos por si facedes o video igual pode axudar
Abruño,
10.04.2008 (Id: 10783)
Que houbera un microsoft en galego sería un logro para vos????????¡¡¡!!!
En Portuñol, portugués ou sueco nen as rosas, nen os peidos cheiran distinto. E que lle den polo cu a micromachines!!
linuxero,
10.04.2008 (Id: 10784)
dous amantes do software livre em pleno estoupido de creatividade...
por se interesa, tanto ubuntu coma debian (diferentes distros de Linux, xa sabedes, software livre)tenhen versión em galego e tamén em portugués...., por se interesa.
polo demais comcordo plenamente con abruño, agás no de seguir entendendo o de que a un lle dean polo cú é algo chungo...., que non amigos, que mola un montón!!
apertas
strafwetboek,
10.04.2008 (Id: 10785)
Abruño: acho que non entendeche a movida.
Os que queren o windows en galego son os xunteiros de Touriño; así véndennos a moto de que están traballando a prol do galego e todo iso. O que tratei de explicar no tocho de antes, é que Windows é pernicioso en tanto que tecnoloxía de control, tanto ten en qué idioma esté.
Hai xente que opina que é importante que Windows esté en galego, xa que é o que usa maioritariamente a poboación, e polo tanto contribúe á normalización lingüística.
Na miña opinión ese é un xeito viciado de ver as cousas; que é tanto como dizer que hai ensinarlle galego aos maltratadores por que como hai moitos, contribuímos á normalización da língua.
Por outra parte, penso tamén que non é de recibo que se empreguen recursos públicos, ben sexa pagando a tradución ou ben sexa usando os servizos da secretaría de lingüística ou da universidade ou o que sexa para facerlles traballos de 'revisión' ortográfica gratis a microsoft: por que eses servizos estámolos pagando nós.
Para finalizar, ademais das consideracions lingüísticas que poden ser discutíbeis, están as consideracións técnicas: os precedentes que temos de traducións ao galego de produtos de Microsoft só demostran unha cousa: que instalar o galego nun windows é o mesmo que inutilizar o ordenador a curto prazo por que algunhas cousas non funcionan ben e outras deixan de funcionar: a min pasoume co service pack aquel.
O que eu propuxen, e creo que algunha xente o entendeu, é BOICOTEAR a campaña publicitaria de Microsoft para facer visibles todos os problemas que hai relacionados: o tema da língua, o tema do control social, o tema de que se empreguen recursos da Xunta para que Microsoft os empregue de gratis.
Personalmente, opino que non debería empregarse un só euro en Windows, independentemente do idioma no que esté, por que é un instrumento de control. Como alternativa, penso que Linux pode valer para a maior parte da xente, e ademais está en galego, coa vantaxe de que se queres poñelo en portugués (ou calquera outra língua), podes facelo sen problema.
indygena,
10.04.2008 (Id: 10786)
abruño, completamente dacordo, denunciar que nos queiran facer comer merda coa excusa de que esté en galego e coida esa linguaxe homófoba que o da foto ten razón ;-)
indygena,
10.04.2008 (Id: 10787)
buscando buscando material para apoiar o boicot mirade:
http://www.vieiros.com/nova/65791/yahoo-volvelle-as-costas-a-microsoft-e-aliase-con-google
resulta que Microsoft estaba intentando mercar Yahoo para facerlle a competencia a Google, e resulta que vai yahoo e xúntanse con Google!!
e falando de buscadores tamén habería que revisar ese asunto por que me teñen dito que gardan información nosa e que amosan só o que queren ademais de que en paises como China ou Cuba censuran o acceso a determinados contidos que lle mandan os gobernos
si é que nos queren ter controlados de todo!!
Laboral CNT,
10.04.2008 (Id: 10789)
Eu de ordenadores non entendo, pero por se sirve dalgo, o da esquerda é Javier Riera, ex boss da Citroen de Vigo, que foi posto a dedo por Touriño para levar un chiringuito que se chama Fundación Galega Sociedade do Coñecemento, que lle sirve para tirar a pedra contra a Consellaría de Innovación e Industria e despois esconder a man. Para ubicarnos: estos son os espabilados que propuxeron un satelite de comunicacións para Galiza. Chámanlle "Industria bis" por que supostamente montouno a Fundación Iniciativas 21, que é de onde saen todos os dirixentes socialistas, para facerlle sombra a Industria.
E para seguirnos ubicando: o outro peixe gordo da Fundación esa é nin mais nin menos que... Manuel Jove. Tachán, tachan.
Mais información sobre o chiringuito de Touriño:
http://www.economiaefacenda.org/novas/vnovas.php?v1=714
E outra cousa que pode ser interesante se facedes o vídeo, a Touripedia:
http://touripedia.wikispaces.com/
É delirante.
Isaak Díaz Pardo,
14.05.2008 (Id: 11080)
HACK o parche do vista á vista: non funciona -
Adícolle iste vídeo á Secretaria Xeral de Politica Lingüística, Marisol López, a muller que está traballando para que o galego morra dignamente.
Asinado,
Isaak Díaz Pardo.
túzaro,
14.05.2008 (Id: 11084)
yap,
15.05.2008 (Id: 11088)
a mim parece-me bem que exista o windows em galego para a normalizaçom da língua, outra cousa é que eu seja partidária do software livre. mas que eu ache que o windows é umha merda nom quer dizer que já que existe, que o queira em espanhol. quero o windows em galego(-português) e nom em espanhol, mas se tenho que escolher, fico com o software livre sem dúvida.